A comunión equipo-afección, clave no Novás


Unha fin de semana máis, o mellor balonmán chega a O Rosal. Este sábado 26 de novembro (19:00 horas) o Acanor Atlético Novás recibe ao Balonmán Oar Coruña, oitavo clasificado da Primeira Nacional.
Dende que en 1987 se inaugurou o pavillón municipal do Rosal, os propios xogadores e os fieis afeccionados do Novás saben da importancia dos ánimos que se desprenden dende as bancadas, que na maioría dos casos se ven reflectidas no éxito e bo facer do equipo local na pista.
Tras disputar dez partidos de Liga, o balance do Acanor Atlético Novás é máis que positivo: 2º clasificado (8 vitorias, 1 empate, 1 derrota). Os homes de José Ramón Muñoz “Jota” volverán pois a intentar que os dous puntos se queden en terras rosaleiras e non voen á Coruña, para así meter presión ao Calvo Xiria (10 vitorias e líder invicto) e distanciarse de Lalín e Chapela, inmediatos seguidores na clasificación.
