Compostela acolle a V Gala do Libro Galego 2020

✍📸 AELG
As tres entidades convocantes, Federación Galega de Librarías, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Asociación Galega de Editoras, coa coordinación xeral desta última, están traballando na V edición da Gala do Libro Galego, que terá lugar o 9 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.