Cabaqueiros lembran un oficio desaparecido

cabaqueiro-2016-web

Como cada ano -e xa van 29 edicións- O Rosal celebra a Festa en lembranza e homenaxe ao oficio -xa desaparecido- de cabaqueiro (telleiro). Unha profesión na que, sen dúbida, os homes da vila e os de Salcidos (A Guarda) eran auténticos especialistas (hai quen di que son claros herdeiros dos ceramistas romanos).

Hoxe, mércores 12 de outubro, día da Pilarica, a partir das 17:30 horas na Praza do Calvario, poderase ver “en directo”, pois, a demostración de “taxicar cabacas e toupos a joucha” (facer tellas e ladrillos a man).

Os cabaqueiros, en dous bancos de “lasqueo”, mostrarán ao público como se podían chegar a facer ata 3000 tellas por día. Na imaxe, entrevistando ao vello mestre telleiro Pepe “Cuncho” na pasada edición de 2015 (foto: Infomiño).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies