investigación e xestión cultural

Biografía

 

Juan Ramón Tamuxe, seudónimo de Juan Ramón Martínez Barbosa, nace en O Rosal (Pontevedra) o 20 de decembro de 1977. 

Comezou estudando a Licenciatura en Historia na Universidade de Santiago de Compostela, para máis tarde realizar diferentes cursos relacionados coa xestión cultural e os medios de comunicación na Universidad Europea Miguel de Cervantes (Valladolid) e na Universidad de Salamanca, respectivamente.

Na actualidade (2020-2021) está realizando, de novo na USC, o “Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural” que se imparte na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da capital de Galicia. 

A súa experiencia laboral co mundo da cultura comeza profesionalmente en 1999, cando é contratado pola empresa de arqueoloxía Anta de Moura (Tui), participando durante anos nalgúns dos xacementos máis importantes da Comunidade. En 2003 concorre ao Curso de Guía de Ruta, organizado pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta.  

Dende os anos 2005 a 2012, mediante sendas oposicións, traballou nos departamentos de Cultura e Turismo do Concello da súa querida vila natal, O Rosal, sendo o encargado durante ese tempo de deseñar, promocionar e mesmo dirixir as distintas rutas de sendeirismo que tiñan lugar pola contorna, en especial polos 67 muíños do Folón e do Picón*.

Ten colaborado para diferentes programas e canais de televisión como TVE e TVE Internacional (Desde Galicia para el Mundo, España Directo), Informativos Telecinco, VTelevisión (De bares), TVG (Galicia Noticias, A Revista, Vaia Troula, Telexornal, Aquí Galicia, Na terra de…)

En 2008 funda a web cultural e deportiva Noticias O Rosal (www.noticiasorosal.es), cooperando á súa vez xa coa búsqueda de información, realización de fotografías ou mesmo asinando artigos en xornais de edición impresa como Faro de Vigo ou La Voz de Galicia. 

Membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dende hai 12 anos, foi nomeado socio do Instituto de Estudios Tudenses que preside o catedrático navarro Xabier Añoveros Trías de Bes. 

En 2015, tras un convite do seu amigo Luis Paz, produtor, fotógrafo profesional e coordinador da web Fáunicas, realiza unha viaxe dun mes percorrendo América do Norte, visitando os EEUU (New York), Canadá (Montreal-Quebec) e mesmo Alaska, “The Last Frontier”. En Kodiak Island (océano Pacífico), a segunda illa maior dos Estados Unidos, fan unha extensa reportaxe sobre o “oso kodiak”, gañando Luis en 2017, cunha desas imaxes, o Premio People’s Choice Award of the Greenpeace Photo Competition

Hoxe en día, tras Soberosum, Pregón, Cultura Baixomiñota ou a lusa Pórtico Cerveirense entre outras, é redactor oficial da revista cultural galega COUSAS DE, con sede na cidade de Vigo. Dirixe ademais, dende o “confinamento”, o xornal O ROSALEIRO, que se publicou en formato impreso en xuño de 2020, contabilizándose así mesmo, máis de 100 portadas na edición dixital (de luns a venres) dende setembro dese mesmo ano.

Este 2021 foi elixido polo Concello do Rosal para formar parte do Consello Municipal de Cultura da vila. Ademais, despois dunha década, publicarase o que será o seu quinto libro de investigación, un documentado estudo sobre a historia da centenaria banda de música de Mougás (Oia-Pontevedra). Xunto co seu pai, o escritor Xoán Martínez Tamuxe, verdadeiro referente e mentor, é coautor de distintos libros de temática histórica.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies