Opinións sobre os libros
"É altamente recomendábel a obra titulada Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal. Conxunto histórico-etnográfico de Galicia (O Rosal, 2009) da que son autores Xoán Martínez Tamuxe e Juan Ramón Martínez Barbosa".
"La publicación (Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal) de Juan Ramón Martínez Barbosa y Xoán Martínez Tamuxe (2009), resulta el informe histórico y documental más relevante y completo sobre el conjunto y las personas relacionadas con él".
"Este libro (Santa Maríña de Baíña e o eremitorio de San Cosme) é unha homenaxe aos devanceiros que nos permiten disfrutar da Baíña de agora. Merecen o noso recoñecemento e entrar, definitivamente, na vida da fama da man desta monografía".
"Este magnífico traballo (Os muíños do Folón e do Picón na vila do Rosal) permítenos recuperar e reflexionar sobre unha parte da nosa propia historia que ás veces esquecemos. A obra, afortunadamente, afástanos da visión romántica coa que demasiadas veces se afronta o estudo dos vestixios do pasado".
"O traballo de Tamuxe e Juan Ramón (Memoria histórica da capela da Madanela no monte da Pedrada e vestixios dunha fortaleza) contribúe a coñecer mellor a cultura do noso país. Ese é o seu gran mérito".
"Moi interesante toda a información que ofrece a Memoria do Cabaqueiro. A linguaxe gremial, o monumento, o museo, as festas, a información gráfica. Realmente unha tradición moi valiosa e moi identificada coa comarca".