Benvidos/as á miña web persoal

Boas a todos/as! Preséntovos a miña nova páxina web, que vén a complementar ao antigo blog. Como podedes comprobar, cun deseño sinxelo, pero iso si, adaptada en moitos aspectos a estes novos tempos que corren… que voan.

juan-ramon-martinez-barbosa-firmando-o-libro-de-baina-baiona

Dedicando o libro de Baíña (Baiona) a un dos seus veciños. Foto: X.M. Tamuxe

Seguirei dende este espazo na Rede contándovos algunhas das miñas aventuras polo mundo adiante e, por suposto, a de moitos amigos e coñecidos -verdadeiros/as cracks-, que triunfan nas súas respectivas facetas, xa culturais, xa deportivas.

cracks-do-rosal-e-de-galicia-web-juan-ramon-o-rosal

En canto á miña vida profesional, confeso que este 2016 está sendo un gran ano, de cambios, de moito estudo e dedicación, pero coa plena confianza que traerá interesantes proxectos que nun futuro próximo verán a luz e se convertirán en realidade.

juan-ramon-o-rosal-acanor-atletico-novas

Levando as cores do Novás a New York. Foto: Luis Paz / Fáunicas

Como algúns xa sabedes, esta tempada 2016/17 fichei polo club Acanor Atlético Novás de balonmán como speaker e presentador dos seus eventos. Igualmente, xa que “a cabeza non para”, estou rematando varios traballos históricos e literarios que me teñen encargado diferentes organismos. Avisareivos, como non, cando se publiquen.

Por último, dicirvos que estou encantado -non podo disimular a ledicia- co rexurdimento o pasado mes de marzo da renovada Noticias O Rosal, unha páxina deportivo-cultural que tiven a honra de fundar en 2008. Graciñas, dende aquí tamén, ao amigo Ismael Pacheco pola súa inestimable colaboración e asesoramento dende 2015.

juan-ramon-o-rosal-juan-ramon-martinez-barbosa-alaska

Amerizando en Katmai National Park and Preserve (Alaska). Foto: Luis Paz / Fáunicas

E nada, teño claro que a creación desta web persoal, www.juanramonorosal.com era o seguinte paso para reflectir certas novas e vivencias que me ocorren fóra da vila, do Baixo Miño e aínda de Galicia. 

¡Benvidos/as e calquera cousa non dubidedes en poñervos en contacto comigo, á vosa disposición!

¡Bicos e apertas!

 

Juan Ramón Martínez Barbosa