As Mercedes, a paixón dun veciño da Gándara

 festa-das-mercedes-zorzada-a-gandara-3

Esta fin de semana (23, 24 e 25 de setembro) celébranse na Praza dos Seixiños en A Gándara (A Guarda) as tradicionais Festas na honra da Virxe das Mercedes.

O venres 23 terá lugar a XXX edición da Festa da Zorza, comezando a súa degustación a partir das 18:00 horas e ata a medianoite. Ao remate da “zorzada” gran queimada a cargo de “Victoriano da Joreña”. Amenizará a festa o Grupo de Gaitas A Boalleira.

festa-das-mercedes-zorzada-a-gandara-1

Este día, sen dúbida, será moi especial para Julio (na imaxe), un entrañable veciño da Gándara, que anualmente vive con amor, paixón e como ninguén, a “zorzada” e as festas da súa vila, as da súa querida Virxe das Mercedes.

Durante todo o ano Julio, téñoo claro, é un dos grandes “pregoeiros” e defensores destes festexos. Xa sexa no mes de xaneiro ou xa no de maio, lémbranos orgulloso e feliz que “as Festas das Mercedes xa están aí”. Se todos tivéramos, en verdade, ese mesmo espírito polas festas de sempre das nosas vilas e parroquias, como se soe dicir, “outro galo cantaría”. ¡Grande, Julio!

xv-carreira-julia-vaquero-7

Por outra parte, o sábado 24, recoméndovos que non vos perdades a XVI Carreira Pedestre Popular Julia Vaquero en homenaxe a unha das mellores deportistas guardesas da historia. E, sobre as 21:00 horas, dará comezo o baile-verbena coa orquestra Manchester e Imperio.

Xa o último día, o domingo 25, a partir das 9:00 horas, pasarrúas do grupo Trebón dos Xidos. Pola tarde, de 17:00 a 19:00 horas, xornada de xogos tradicionais e deporte na rúa para nenos/as (bolos, zancos, pións, corda, gato e o rato, etc) dirixida pola empresa Forum.

O Grupo Folk Pelepau, coa súa actuación a partir das 19:30 horas, porá o broche final a estas Festas das Mercedes.

a-gandara-victoriano

Así mesmo, A Gándara acollerá na Casa Social do Percamino unha exposición de fotografías e documentos, organizada por Victoriano Rodríguez, con motivo do XXV Aniversario da A.VV. O Percamino e do XX Aniversario do Grupo de Gaitas “A Boalleira”.

¡Dende aquí desexar, tanto ao amigo Julio como a todos/as, unhas Boas Festas das Mercedes! ¡A disfrutalas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies