A Guarda pon en valor o seu patrimonio cultural


Este mércores 10 de marzo celebrouse no concello da Guarda (Pontevedra) a Xornada para a co-creación de solucións para a posta en valor do patrimonio cultural da Guarda, evento organizado pola Universidade de Vigo.
Segundo se comunica dende a Vila do Trega, “tivo coma obxectivo contribuír a crear novos produtos e servizos que poidan ser comercializados polos profesionais e entidades da zona para dinamizar e atraer novos viaxeiros ao concello”.
A xornada contou coa participación do amigo, mestre e doutor Joaquín Miguel Villa Álvarez, auténtica referencia hoxe en día da historia do Baixo Miño así como de investigadores da Universidade de Vigo, socia deste proxecto europeo.
Máis información, aquí.