A Guarda homenaxeará a Eliseo Alonso


A vila de A Guarda (Pontevedra) homenaxeará a Eliseo Alonso, escritor, etnógrafo, poeta e xornalista goianés. Hai pouco máis dun ano inaugurábamos o podcast “Letras da Comarca”, precisamente cunha obra súa: “Bajo Miño y Costa Sur” e tamén falábamos do seu artigo “Mayo por El Rosal”.
Con este propósito creouse a Comisión Organizadora da Homenaxe a Eliseo Alonso “que está formada por Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura do Concello de A Guarda; Marta Verde Rodríguez, tesoureira da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.); Antonio Martínez Vicente, membro da Asociación InfoMAXE (na imaxe principal, con Tamuxe, o propio Eliseo e a súa filla Alicia) e Ricardo Rodríguez Vicente, cronista de A Guarda”.
En colaboración coa familia de Eliseo Alonso “proponse desenvolver varias actividades nas que se está xa traballando e cun programa no que tamén se ten coma obxectivo nomear a título póstumo a Eliseo Alonso Rodríguez como Fillo Adoptivo de A Guarda, agradecendo deste xeito todo canto fixo a prol de A Guarda, en xeral, e de xeito moi especial, pola súa contribución á posta en valor do seu patrimonio etnográfico mariñeiro”.
Máis información na web do Concello.