Agasalla un libro en galego e unha flor

DiaDeRosaliaDeCastro web

Segundo me comunica a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega “A AELG disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo”.

Esta é a nota de prensa completa: “Para este 2017, alén de seguir animando a cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día (con actos propios -incluíndo a ofrenda floral a Rosalía de Castro no Panteón dos Galegos Ilustres-), a AELG promoverá que os centros de ensino de toda Galiza realicen nos propios centros de ensino ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais desas lecturas da obra rosaliana, outro tipo de actividades sobre a nosa escritora das que imos dando conta nesta páxina da web da AELG.

A AELG propón celebralo baixo o lema #RosaliaTe. Así, propúxose aos centros do ensino a inclusión nese día de actividades escolares na súa programación, convidando a comunidade escolar a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana.

A AELG está elaborando o seu manifesto anual para esta celebración, que se lerá ás 12.00 do domingo 19 de febreiro no acto central no Panteón de Galegos Ilustres.

Para o venres 24 de febreiro promove, a través da súa base asociativa, outros en diversas cidades e vilas do país. Por outra banda, desde 2011 a AELG vén solicitando aos concellos que declaren o 24 de febreiro como Día de Rosalía de Castro, e así o fixeron nun número de 49, sumándose tamén as Deputacións Provinciais da Coruña e Lugo. A AELG seguirá a facer chegar aos plenos unha moción neste sentido solicitándolles que recollan esta celebración nas súas programacións culturais”.

  

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies