A AELG, premiada pola súa divulgación do Camiño de Santiago

O martes 22 de febreiro de 2022 (ás 13,00 horas no Museo das Peregrinacións e de Santiago, na Praza das Praterías, en Santiago de Compostela) terá lugar o acto de entrega do IX Premio Internacional APECSA 2021 de divulgación do Camiño de Santiago á nosa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
Segundo comunica a Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), que preside Xosé María García Palmeiro, esta edición está dedicada, a título póstumo ao escritor e peregrino pioneiro, o navarro-aragonés Alejandro Uli Ballaz.