A vila de Ponteareas, obxecto de estudo na USC

A vila de Ponteareas, obxecto de estudo na USC‘ é un artigo en colaboración co meu pai, Xoán Martínez Tamuxe, que vén de ser publicado na revista Pregón da Vila do Tea e que saíu á luz recentemente con motivo do Corpus Christi, Festa anual declarada de Interese Turístico Internacional.

Tal e como se pode ler na web municipal, a alcaldesa Cristina Fernández Davila, corporación municipal, autoridades, articulistas e veciñanza déronse cita o pasado 10 de xuño en Ponteareas, na sala multiúsos do auditorio municipal, para acoller a presentación dunha nova edición da revista Pregón, “que cada ano difunde a festa do Corpus con imaxes das alfombras do ano anterior, pero que na actualidade tamén introduce artigos e recompila documentos e anacos da historia da vila”.

Este novo número da revista Pregón, lémbrase dende o ente municipal, recolle artigos de persoas recoñecidas da vila, “relatos que porán de manifesto a grandeza do Corpus, de Ponteareas e do seu patrimonio material e inmaterial”. “Hoxe desfrutaremos de levar para as nosas casas unha nova edición da revista, algo que sería difícil sen a participación desinteresada de todas as persoas que facedes posible a entrega deste número compartindo con todas e todos nós as vosas experiencias e traballos”, concluíu.

Pola súa banda, Gonzalo Fernández, responsable da revista Pregón, lembrou ao público que se trata do número 31 desta publicación “dende a recuperación deste folleto divulgativo no ano 1991 tras un parón na súa edición a partir da década dos 60. Nomes como o poeta Alfonso Pexegueiro, Susana Lamela, Teresa Ríos, Clodio González, Francisco Candeira, Anxo Coya, Sebastián Merino, Alberte Reboreda, Xoán Martínez Tamuxe, Juan Ramón Tamuxe, Sofía Rodríguez, Andrés Sampedro, Antonio José Groba, Miguel A. García Correa e Jesús Rodríguez conforman un completo número no que se tocan temas como a literatura, a arte ou a historia ademais do tradicional Corpus Christi de Ponteareas“.

Un ano máis, o noso sincero agradecemento ao Concello de Ponteareas por contar con nós para a publicación dun artigo de investigación na revista Pregón. Ata a próxima!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies