A A.V. da Cunchada trae a “Petróleo” a O Rosal

 

Segundo me veñen de comunicar, a Asociación de Veciños de San Pedro da Cunchada, que preside Alejandro Rodríguez Vicente, organiza este vindeiro sábado 17 de xuño (22:00 horas) un monólogo no Auditorio do Rosal, a cargo do actor galego Luis Zaheragañador de 4 Premios Mestre Mateo a “Mellor Actor de Reparto”. A entrada anticipada será de 8 €. En taquilla, 10 €.

Segundo Wikipedia, José Luis Castro Zahera, máis coñecido como Luis Zahera (Santiago de Compostela, 1966) saltou á fama en Galicia polo seu papel de “Petróleo” na exitosa serie da TVG, Mareas Vivas.

Aínda que a súa carreira desenrolouse principalmente en Galicia, nos últimos anos deu o salto á ficción estatal, con pequenas colaboracións en series como Hospital Central ou El Comisario.

En canto ao cine destacan traballos como O lapis do carpinteiro, El año de la garrapata, Alatriste, Celda 211 ou Spanish Movie.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies