A nova revista “COUSAS DE” preséntase en Baiona

A pasada semana achegámonos ata o Parador de Baiona (Pontevedra) para asistir á presentación da nova revista COUSAS DE, na que teño a honra de seguir como redactor e participar co meu artigo-reportaxe “O Rosal presume da súa monumental igrexa de Santa Mariña e do seu artístico retablo barroco” (páxinas 18-21).

Como saberás, publicábase trimestralmente tanto en Val Miñor como no Baixo Miño. Pois ben, a partir de agora, cunha renovada e soa revista, ademais dunha aplicación para móbil, cubrirase o Sur da provincia.

Destacar a intervención de Carlos Méixome, ex director do IEM, quen realizou un interesante percorrido polos xornais e revistas dende o século XX ata os nosos días, facendo fincapé na calidade da maqueta, imaxes, contidos e textos en xeral das colaboracións que conforman esta nova COUSAS DE

Un pracer acompañar neste histórico evento ao seu grande artífice, Jesús G. Bastida, editor e director da publicación, quen confesaba, como dicimos, que “o proxecto COUSAS DE nace coa vontade de crear unha plataforma mixta de comunicación que contribúa a difundir principalmente, todo o que de bo se fai no social e cultural, no sur da provincia de Pontevedra“.

Fotografías da presentación realizadas por Homeclaro TV 😉

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies