A Guarda e Caminha acollen o II Encontro do Libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho

Dende o Concello da Guarda veñen de comunicar que tras o éxito da primeira edición, dende ó 20 ao 22 de agosto se celebra o II Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Minho, “un evento preparado conxuntamente polos municipios de Caminha e A Guarda que pretende constituírse nun espazo de achegamento entre as dúas beiras do Río Minho a través do mundo da escrita: novelas, investigación histórica ou social, relatos infantís, etc. Estes son algúns dos exemplos que os visitantes a este evento poderán atopar ao longo desta fin de semana nas Prazas de Avelino Vicente (A Guarda) e Praça Conselheiro Silva Torres (Caminha), onde se desenvolverá de maneira simultánea”.

“O evento constitúese de dúas partes diferenciadas: dunha banda a venda e exposición de libros publicados polos Concellos do Baixo e do Alto Minho e doutra banda a realización de actividades como presentacións de libros, recitais de poesía, concertos… que nos achegarán a nosa identidade literaria nun formato mais dinámico”, recálcase dende o ente municipal guardés.

Algúns dos libros expostos na I edición (2020)

Aínda que o Encontro do Libro Luso Galaico é organizado polos Concellos de Caminha e A Guarda, están presentes nel os diferentes concellos da fronteira: Oia, O Rosal (representado con autores como Xoán Martínez Tamuxe, Praxíteles González e este que escribe, entre outros), Tomiño, Tui e Salceda de Caselas do lado galego e Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço.

PROGRAMA NA GUARDA – Praza de Avelino Vicente

Venres 20 de Agosto
18:00h – Apertura do Encontro
19:00h – “As nosas músicas de A´qui” da Compañía de Nelson Quinteiro
20:30h – Apertura oficial
Alcalde do Concello da Guarda
Presidente da Câmara Municipal de Caminha
Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho
Director do Jornal Digital Caminha 2000
21:30h – Concerto de “Xardín Desordenado”

Sábado 21 de Agosto
11:30h – Contacontos para nenos
12:00h – Presentación do libro “O Carocho do Río Miño”, de Brito Ribeiro
Presenta: Brito Ribeiro
Editorial: Nuceartes
12:40h – Concerto da Academia de Música
18:30h – Recital de Poesía de obras de autores da Ribeira do Miño “Krisálida”
19:30h – Relatorio “A Construción da fronteira na Idade Média”
Imparte: Silvia Cernadas
20:30h – Peche da Feira

Inscricións abertas en: https://www.woutick.es/evento/1617/entradas-ii-encontro-do-libro-luso-galaico-ribeira-do-mino 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies