A “Galega” grava os encantos do Baixo Miño

juan-ramon-o-rosal-tvg-web2

Entrevistado no Espazo Fortaleza (Goián-Tomiño)

A TVG emitirá, este sábado 24 de setembro, en directo dende O Rosal, o seu programa “Aquí Galicia”, no que tiven a honra de participar coa gravación dunha entrevista por diferentes lugares da nosa vila. 

A Praza do Calvario acollerá pois, nun escenario situado para a ocasión, diversas actuacións de grupos como Lirolai ou a Banda Infantil da Agrupación Musical do Rosal, para logo ir intercalando varias reportaxes de lugares con encanto, que se realizaron na nosa vila e no Baixo Miño.

baixo-mino-juan-ramon-o-rosal-tvg

Pola miña banda, comentarvos que estivemos filmando na propia Praza, na área recreativa do Muíño das Aceñas, no conxunto dos Muíños do Folón e do Picón e mesmo no Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño).

tvg-o-rosal

Dende aquí o meu agradecemento á Televisión de Galicia, ao equipo do programa e en especial ao presentador Juan Fuentes e ao cámara “Paco”, polo exquisito trato recibido.

¡Lembra, este sábado a partir das 16:00 horas, ven a O Rosal ou… pon na Galega!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *