40 portugueses/as camiñan e ‘viñean’ en O Rosal

Un grupo de 40 turistas portugueses/as visitaron recentemente a nosa vila da man de “Pés a Caminho”, grupo do activo amigo Jorge Torres.

Pola mañá, disfrutaron -cun día perfecto- da fermosa ruta polos 67 muíños do Folón e Picón. Descanso en Chan da Cereixeira e visita ao “Lago Azul” e ás Pozas da Cal.

“Unha rota incrível”, “muito linda”, “espetacular”… foron algúns dos comentarios que me transmitiron estes camiñantes lusos que se achegaron ata os nosos Muíños.

Ao rematar, comida nun coñecido restaurante rosaleiro e xa de tarde, degustación de caldos nunha das máis representativas adegas do municipio.

Aquí, precisamente, puideron comprobar de primeira man o que xa lles adiantaba nada máis desembarcar na nosa terriña: “O viño do Rosal é dos mellores do mundo”.

E o máis importante, que reflicte o éxito da súa estadía en O Rosal: “vamos repetir sem dúvida”.

¡Dende aquí, graciñas pola visita e unha forte aperta para todos/as!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies