
Tal e como se pode ler na web da AELG: “Neste 2020 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega cumpre 40 anos de existencia“.
Para min é un verdadeiro pracer formar parte desta institución dende hai case 12 anos, en concreto, dende xullo de 2008. Ademais, agradecer á AELG que a principios de marzo de 2015 fora declarado “Autor da semana”.
Foi fundada no ano 1980 por algúns dos escritores máis sobranceiros da nosa historia literaria e dela foron membros Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Ánxel Fole, Ricardo Carvalho Calero, Uxío Novoneyra, Antón Avilés de Taramancos, Manuel María, Xela Arias e Luisa Villalta, entre outros.
A AELG é un dos órganos instituídos pola Academia Sueca con competencia oficial para presentar candidatura aos Premios Nobel. Forma parte do European Writers’ Congress”.
Tags: AELG, Álvaro Cunqueiro, Antón Avilés de Taramancos, Ánxel Fole, Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Luísa Villalta, Manuel María, Rafael Dieste, Ricardo Carvalho Calero, Uxío Novoneyra, Xela Arias